Estados Unidos e a Unión Europea seguen negociando secretamente un tratado comercial a costas á cidadanía. O TTIP (Tratado de Comercio e Investimentos), supón unha perda de dereitos cidadáns, con máis recortes e privatizacións, e sitúa os intereses privados por enriba das persoas. Este tratado pon en risco a democracia e a soberanía dos Estados, afectará a medio ambiente, a calidade do nosa alimentación, os servizos públicos, permitirá a entrada de máis enerxías sucias e perigosas, e os estados veranse atados de pés e mans ante a vontade das multinacionais.
A pesar de todos estes perigos, os voceiros das negociacións ocultan esta perda de dereitos e seguen vendendo o TTIP como un antídoto á crise: é o Cabalo de Troya do século XXI, un regalo aparente pero que trae con sigo a destrucción no seu interior.
O pasado xoves, a Comisión de Comercio Internacional (INTA) do Parlamento Europeo presentou e aprobou un proxecto de informe favorable ao tratado e ao mecanismo ISDS (Mecanismo de Resolución de Controversias entre Investidores e Estados), con 28 votos a favor (entre eles os socialdemócratas, contradicíndose coa súa anterior oposición ao mecanismo IDSD) e 13 en contra.

O Parlamento Europeo no seu conxunto pronunciarase a semana do 8 de xuño na votación definitiva. Amigos da Terra e a Campaña No ao TTIP esixen aos europarlamentarios que na votación final representen a ciudanía e se opoñan ao Tratado. Esta acción tamén terá o fin de informar a sociedade sobre as graves consecuencias que ten este acordo a todos os niveis e botar luz sobre a campaña de desinformación que se leva a cabo dende as partes negociadoras. Ti aínda estás a tempo de mandar unha mensaxe aos europarlamentarios, a través desta ciberacción, para esixirlles que voten en contra desta perigosa medida

Para denunciar esta situación, este mes de xuño, un Cabalo de Troia xigante, simbolizando o TTIP, percorrerá varias cidades españolas da man dos grupos de Amigos da Terra apoiados pola campaña Non ao TTIP, que informarán sobre as consecuencias do tratado e daranas a coñecer entre a cidadanía.
O tour do Cabalo de Troya pecorrerá diversas localidades ao longo de todo o estado español, tendo seu paso por Galicia previso para os días 9 1 10 de xuño, en Vigo e Ourense respectivamente.
- Vigo. Alameda, de 17:00 a 20:00 horas Ollo, que houbo un cambio por mor de que o Concello de Vigo dengou o permiso a última hora. Xa non será na Porta do Sol senón na ALAMEDA.
- Ourense, ao lado da Subdelegación do Goberno (fronte ao Parque de San Lázaro) de 11:00 a 12:00 horas.
Se queres coñecer máis información sobre os perigos do TTIP, podes visitar a web TTIPsecret que temos creado específicamente para este tema.