Amigos da Terra Europa e AK Europa co apoio da campaña “No ao TTIP” lanzan unha ciberacción na que animan á cidadanía a esixir aos europarlamentarios que se posicionen en contra do TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos entre EUA e EU).
Durante as próximas semanas, o Parlamento Europeo decidirá a súa posición respecto ao Tratado de Comercio e Investimentos entre EUA e a UE (TTIP, polas súas siglas en inglés), que se está a negociar nestes momentos. Un dos aspectos máis controvertidos dentro deste tratado é o mecanismo de resolución de disputas investidor-Estado (ISDS). Este mecanismo outorga privilexios ás grandes empresas, que poderían denunciar aos Estados se considerasen que os seus intereses privados se ven minguados cunha decisión política ou un cambio de lexislativo.

O ISDS e o TTIP na súa totalidade son inaceptables dende un punto de vista democrático, xa que limitan a capacidade dos Estados para aprobar leis que protexan os dereitos humanos e laborais, a saúde e o medio.
A maioría da cidadanía que participou na consulta pública europea, en verán de 2014, sobre o ISDS, un 97%, rexeitou rotundamente este mecanismo feito á medida das multinacionais. Agora é o momento de que o Parlamento Europeo para posicionarse e demostrar que representa á ciudadanía. A votación na Eurocámara non será vinculante, non obstante enviará un sinal político claro de cara ás negociacións do TTIP.
A través desta ciberacción na web, no2ISDS, calquera persoa pode pasar á acción e pedir aos membros do Parlamento Europeo que se opoñan tallantemente dicindo NON ao ISDS e que avalen o interese xeral en contra do TTIP.
Un estudo de Amigos da Terra revelou que os gobernos europeos xa pagaron polo menos 3.500 millóns de euros a investidores estranxeiros privados debido a unha cláusula existente nos tratados de comercio internacional, similar aos ISDS. Este documento demostra como estes mecanismos afectan directamente a cidadanía, e favorecen as grandes empresas con indemnizacións millonarias que os Estados se ven obrigados a pagar cos impostos dos contribuíntes.