La-justicia-climatica-1Os responsables do Fondo Verde para o Clima (GCF, polas súas siglas en inglés) denunciou o pasado 30 de abril que a maior parte das nacións obviaron a data límite para transferir os fondos prometidos. O Fondo conta na actualidade cunha dotación que queda moi por debaixo das necesidades formuladas. Este fondo é clave para conseguir suficientes recursos económicos que garantan un futuro digno e sen gases de efecto invernadoiro aos países máis vulnerables. Non obstante a data do 30 de abril, ingresáronse unicamente 4.000 millóns de dólares.

Amigos da Terra denuncia que o Fondo só conta co 42% da cantidade comprometida no período inicial de propostas de 2014, mentres se debería ter alcanzado un mínimo do 50% (4.700 millóns de dólares). O total comprometido é inferior a 10.200 millóns para un período de 4 anos, uns 2.500 anuais. Esta situación revela que os países ricos non demostran un compromiso real co financiamento da loita contra o cambio climático. “Ningún país vulnerable puede realizar un cambio de modelo energético o enfrentarse a las consecuencias del cambio climático sin los fondos indispensables, advertiu Alejandro González, responsable a nivel estatal da área de clima e enerxía de Amigos da Terra. “Son fondos para lidiar con eventos meteorológicos extremos, crisis de salud pública o crisis alimentarias exacerbadas por las sequías,” engadiu González.

sinais inundadas

O financiamento climático é unha peza esencial para o acordo internacional que se debe asinar no Cumio do Clima de París en decembro deste ano. Amigos da Terra recorda que para 2020 se deben alcanzar as cifras de financiamento anual de 100.000 millóns, pero a falta de compromiso actual non permite esperar grandes avances, mesmo tratándose dun compromiso económico de mínimos. Por iso, a organización insta aos países industrializados a transferir dunha vez o diñeiro ao Fondo, en liña cos principios de xustiza climática e responsabilidade histórica das emisións de gases de efecto invernadoiro.