Grazas ao impulso de diversas entidades e colectivos cidadáns serán 19 os municipios galegos, e un cento ao londo do estado español, nos que se estreará entre os días 6 e 7 de maio este documental que amosa o lado escuro do negocio eléctrico.
“OligopolyOFF: Empieza la revolución energética ciudadana”, presenta unha análise da realidade enerxética e as alternativas cidadás para un novo modelo democrático, cidadán e sustentable. O documental está dirixido por Alba do Campo e foi financiado colectivamente por máis de 600 persoas. Ten unha duración de 90 minutos e é froito de dous anos de traballo e máis de 100 horas de grabación.
Dende Amigos da Terra, que forma parte da Plataforma por un Nuevo Modelo Energético que é impulsora deste proxecto audiovisual, lembramos que desde a privatización das compañías enerxéticas, a factura eléctrica subiu máis dun 80% e, como se di dende a Plataforma “hoxe o sector leva o nome de 5 compañías que, grazas ás súas vantaxosas relacións co corpo político, seguen obtendo beneficios multimillonarios a pesar da baixada da demanda”.
#OligopolyOFFcontinúa o labor do primeiro docureportaxe da plataforma: “#Oligopoly2. El imperio eléctrico contra todxs”, que foi estreado en máis de 40 pobos e cidades de España que recibiu o Premio Eurosolar 2013 ao mellor traballo de medios de comunicación sobre renovables.
En Ourense a proxección é organizada por Som Energía, Amigos da Terra e o Cine Clube Padre Feijoo, e terá lugar na Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11) as 20.30 do xoves 7 de maio.