A empresa galega Hidralia Energía, con sede na Coruña e propiedade dos empresarios galegos Castro Valdivia, está detrás do proxecto de explotación hidráulica do río Cambalam no municipio de Santa Cruz de Barillas do departamento de Huehuetenango, Guatemala, preto da fronteira con México. Un proxecto que está relacionado coa criminalización da población guatemalteca que defende as súas terras e sustento frente a construcción dunha mega-represa que atenta contra os seus dereitos humanos e ambientales.
O macro-proxecto leva dende 2007 xerando unha grande oposición entre a poboación. Ante esta situación o goberno de Guatemala puxo toda a maquinaria estatal e militar necesaria para reprimir as persoas que se posicionan contra a represa; un proxecto da empresa española que priva dos recursos naturais básicos dos que viven as comunidades maia Q’anjob’al dende tempos ancestrais.
A persecución contra activistas que defenden os dereitos humanos e ambientais está a ser masiva e constante. Saul Aurelio Méndez de 41 anos e Antonio Rogelio Velásquez de 45 foron condenados en novembro de 2014 por un tribunal do seu país a máis de 30 anos de cárcere nun proceso irregular enchido de faltas de forma e fondo. Hoxe, 29 de abril, ten lugar a audiencia de apelación desta sentenza por “ser contentiva de vicios”.
A pesar dos feitos, o Goberno español manifestouse no ano 2013 a favor do proxecto e instou as partes a chegar a un acordo para a súa execución. Esta decisión tomouse coñecendo a violación de dereitos humanos por parte do Goberno de Guatemala por defender os intereses da empresa española e os seus investidores.
Segundo unha integrante da Asemblea Departamental de Huehuetenango e de Amigos da Terra Guatemala, “este es un ejemplo claro de la impunidad con la que actúan las empresas extranjeras en mi país, generando división, conflicto y violando los derechos humanos de los defensores ambientales“.
“A poboación defende o seu xeito de vida e o seu dereito a decidir sobre os recursos naturais no seu territorio. Polo seu lado, a empresa busca impoñerse para obter beneficios económicos a calquera prezo. Por que non debería crer o que din as organizacións sociais e se crer o que defende o goberno de Guatemala e a empresa? Non é de recibo que o Goberno español avale á empresa hidroeléctrica a custa da poboación”, sinalou Víctor Barro, presidente de Amigos da Terra e membro da misión de solidariedade que visitou a zona en 2012.
Amigos da Terra, xunto á asociación Mujeres de Guatemala, presentou unha queixa formal ante o Defensor del Pueblo en xuño de 2014 denunciando os feitos.
A nosa organización solicita que a queixa se resolva a favor das poboacións de Barillas e sirva de exemplo para defender os dereitos humanos e ambientais das comunidades ameazados polos intereses económicos de empresas españolas no estranxeiro.