
O 18 de Abril, sábado, foi a data elixida para celebrar o Día de Acción Global contra o Tratado de Comercio e Investimentos entre EUA e a UE, TTIP.
Como o pasado 11 de outubro, sairemos á rúa dende todos os cantos de Europa e EUA, para denunciar este tratado que negocian sen dar ningún tipo de información, coa intención de evitar as críticas e as mobilizacións cidadás.
A pesar dos seus esforzos para ocultar o contido deste Cabalo de Troia, gran parte da cidadanía está ao tanto do que pretenden facer, grazas aos documentos que se foron filtrando, e á difusión do os mesmos dende un gran número de colectivos. A sociedade civil non quedará calada ante un texto que pretende reducir aínda máis nosos dereitos, equiparando normativas a ambos os dous lados do Atlántico.
Demostra o teu rexeitamento ao TTIP, mobilízate e reclama o fin das negociacións!
Podes consultar as mobilizacións en Galicia aqui >>>
Manifesto: As Persoas e o Planeta antes que o Beneficio Corporativo
Chamamento de acción global para deter os Tratados de libre comercio e investimentos.
Nós, organizacións da sociedade civil, sindicalistas, campesiñas e campesiños, xuventude, homes e mulleres activistas de movementos de todas partes do mundo, chamamos a un Día de acción global a realizarse o 18 de abril do 2015 co fin de parar os acordos de libre comercio e investimentos e promover unha economía que funcione para as persoas, e o medio ambiente.
Ao longo das últimas décadas, as empresas transnacionais e os gobernos impulsaron tratados de libre comercio e de investimentos ás costas da cidadanía, vulnerando os nosos dereitos e os do medio ambiente.
Ao longo das últimas décadas, loitamos pola soberanía alimentaria, polos nosos bens comúns, pola defensa dos nosos empregos, os nosos territorios, as liberdades en internet, mentres esixiamos democracia. No camiño, crecemos como movemento, logramos que escoiten as nosas voces e logramos moitas vitorias.
Entre todas podemos parar os acordos que se están negociado e traballar para revertir os impactos nocivos dos tratados pasados. Xuntas impulsamos as nosas alternativas que se fundamentan na primacía dos dereitos humanos por encima dos privilexios e beneficios das grandes empresas.
