Amigos da Terra quere aproveitar o 7 de abril, Día Mundial da Saúde, que este ano leva por lema Pola inocuidade dos alimentos para denunciar a intención da Comisión Europea de aprobar un cultivo transxénico tolerante a un herbicida de toxicidade aguda.
Desenvolver cultivos tolerantes aos hervicidas permite que éstes poidan ser usados de xeito máis masivo, cunha maior liberación ao medio ambiente e en consecuencia con maior impacto para a saúde das persoas e dos ecosistemas.
Hoxe 7 de abril, celébrase o Día Mundial da Saúde co lema ‘pola inocuidade dos alimentos’, co obxectivo de sensibilizar a a sociedade sobre os efectos prexudiciais e as enfermidades que provocan os alimentos a través de virus, parasitos, bacterias ou substancias químicas nocivas.
Dende Amigos da Terra queremos chamar a atención sobre o risco que supoñería o millo transxénico 1507 sobre a saúde dos consumidores se fose aprobado. Na actualidade, a Comisión Europea está a considerar a autorización deste novo millo, tras haber recibido unha forte presión da industria biotecnolóxica dende hai anos, máis en concreto, da multinacional agroquímica Pioneer Hi-Bred. A empresa de DuPont leva dende 2001, solicitando a aprobación do millo 1507, para o seu cultivo na Unión Europea.

A nosa asociación advertiu xa en reiteradas ocasións do perigo deste cultivo modificado xeneticamente. Esta variedade de millo transxénico de Pioneer, coñecido como millo 1507, presenta dúas modificacións xenéticas que lle permiten producir unha toxina para combater a praga do trade do millo e á vez ser tolerante ao glufosinato, un herbicida catalogado pola UE de toxicidade aguda. Este químico representa unha ameaza para consumidores, agricultores e a fauna, e polo tanto para a saúde humana e os ecosistemas. De cultivarse a escala comercial, contribuiría ao incremento do uso do agrotóxico e os seus problemas sanitarios asociados.
Ademais, a avaliación e a xestión para controlar os riscos do millo 1507 presentan graves lagoas. Aínda se espera que a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) publique un novo estudo completo que analice os impactos que implicaría esta autorización. A propia axencia demostrou a ameaza que supón para bolboretas e trazas, pero faltan aínda datos sobre os impactos noutros polinizadores fundamentais, como é o caso das abellas que xa están nun preocupande declive. Non parece casual que se modificase a normativa europea para el herbicida Glufosinato en abril de 2013 permitindo o seu uso en franxas ou de xeito localizado, cando anteriormente o seu uso era máis restritivo.
España é o país con máis hectáreas cultivadas do único millo transxénico autorizado en Europa (MON 810), seguido de Portugal, República Checa, Romanía e Eslovaquia. A nova lei aprobada a principio de ano sobre a “renacionalización” das decisións sobre cultivos transxénicos sitúa o estado español no punto de mira das empresas biotecnolóxicas, e a porta principal a este novo millo transxénico tolerante ao glufosinato.
“No podemos poner en peligro la salud de las personas por presiones y beneficios empresariales. Hemos demostrado que la ciudadanía demanda cada vez más alimentos sanos y de proximidad, además, tanto en España como en resto de Europa, la ciudadanía ha dejado claro su rechazo a los cultivos transgénicos en repetidas ocasiones“, declarou Sandra Espeja, responsable da área de Agricultura e Alimentación de Amigos de la Tierra, a nosa entidade coordenadora a nivel estatal .
Non hai lugar a dúbidas do risco que representa para a saúde a autorización do millo transxénico 1507. Amigos da Terra esixe ao goberno que aposte por unha agricultura de proximidade, ecolóxica, libre de tóxicos e transxénicos. Trátase dunha demanda social que vai en aumento e unha oportunidade para dinamizar a economía local.