20150210 plantacion Monte GuiaAmigos da Terra participou esta mañá, en colaboración coa Comunidade de Montes e o Plan Comunitario de Teis, nunha actividade de reforestación no monte da Madroa. Os rapaces e rapazas da escola infantil viguesa puideron coñecer a importancia e o valor das árbores no ecosistema e contribuiron ao coidado dos nosos bosques plantando acivros, érbedos e outras árbores autoctonas galegas.

 

20150210 plantacion Monte Guia IIA plantación tivo lugar nunha área na que a Comunidade de Montes de Teis ven facendo un importante esforzo de recuperación do monte galego, mediante a eliminación de especies invasoras e a protección da biodiversidade.


Esta actividade enmárcase nun proxecto máis amplo, no que se agarda pode
r impulsar, ao logo de todo o curso escolar, a posta en marcha dun pequeno viveiro no centro escolar, de xeito que os nenos e nenas da escola poidan participar de todo o ciclo de vida das árbores e transplantar nos nosos montes, árbores autóctonas procedentes da xerminación de sementes que todos eles recolleron e coidaron.