“A soberanía alimentaria: 5 pasos para enfriar o planeta e alimentar á súa xente”, é un interesante artigo de Vía Campesina e GRAIN onde se recolle o impacto do sistema alimentario no clima. A análise de todo o proceso de produción e distribución de alimentos, dende que se cultivan ata que chegan ás nosas mesas, desvela que o sistema alimentario é responsable de aproximadamente a metade de todas as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI).
Se sumamos as emisións producidas pola deforestación para facer terras de cultivo, os procesos agrícolas (co emprego de fertilizantes e plaguicidas de orixe industrial e de combustible para a maquinaria), o transporte, o empacado, a refrixeración e o desperdicio de alimentos ao longo de toda a cadea, atopamos que o sistema alimentario actual provoca entre o 44% e un 57% de todas as emisións.
A reducción das emisións e o cambio a un modelo agrícola e alimentario sustentable pasa, principalmente, por defender a agricultura local e devolver a? terras ao campesiñado. Unha transición cara a soberanía alimentaria, en 5 pasos:
–Coidar o solo, mediante a aplicación de prácticas agricolas que recuperen a materia orgánica perdida polo emprego dunha agricultura agresiva.
–Cultivo sen químicos. A través de prácticas tradicionais como a diversificación de cultivos ou o emprego e integración de árbores e animais, se mellora a fertilidade dos solos e se evita a erosión.
-Fomento de circuitos de comercialización local, e alimentos frescos. Moitos dos alimentos que mercamos viaxan miles de kilómetros. A pesares de que en moitos casos os alimentos que mercamos tamén se cultivan no noso entorno, debido á política de subvencións e produción a gran escala, os alimentos que veñen de fóra resultan máis baratos e abundantes nos mercados. É preciso pois, cambiar esta lóxica e apostar pola comercialización de productos frescos e cercanos. Deste xeito non só contribuimos ao enfriamento do planeta, se non que promovemos o desenvolvemento de economías locais e o coidado do entorno rural.
–Devolver ás terras ao campesiñado. A expansión das granxas industriais, para cultivos de destinados á alimentación humana, a pensos para a gandeiría industrial ou á produción de agrocombustibles, provocou un proceso de acaparamento de terras e expulsión do campesiñado no Sur Global. Ademais do empobrecemento e a desigualdade social que xenera, é ineficiente dende o punto de vista do rendemento e a productividade. A pesares de posuir menos do 25% das terras, o pequeno campesiñado produce a maior parte da alimentación global (un 80% nos países non industrializados).
–Non máis falsas solucións. Os poderes económicos e as grandes corporacións do sector alimentario condicionan as políticas e obstaculizan a adopción de medidas reais e efectivas que permitan un cambio de modelo agrícola.
En definitiva, mudar cara unha agricultura local, en mans do campesiñado permitirá frear o cambio climático e lograr un modelo alimentario respectouso co noso planeta e centrado nas persoas.
A soberanía alimentaria: 5 pasos para enfriar o planeta e alimentar á súa xente
Gráfico: Raúl Fernández