Hoxe, 15 de xaneiro, tivo lugar a votación do Parlamento Europeo sobre a Proposta de traballo da Comisión Europea para 2015. Cinco dos sete grupos presentes solicitaron a conservación do Paquete de Medidas para un Economía Circular, que Juncker, presidente da Comisión Europea (CE), propuxera eliminar o pasado mes de decembro.
Dende Amigos da Terra insistimos na importancia e urxencia de implantar medidas que permitan unha economía circular en Europa, que promovería a xeración de 180.000 empregos verdes. O paquete tamén esixe aos estados xestionar axeitadamente os residuos, con incrementos nas porcentaxes de preparación para a reutilización e reciclaxe de residuos urbanos do 70% en 2030, así como a separación selectiva obrigatoria dos biorresiduos en 2025.

“Europa no puede seguir siendo una sociedad basada en la cultura de “usar y tirar” con la excusa del crecimiento económico; el consumo desmesurado de materias primas, además de ahondar en la crisis medioambiental y social, supone un gran gasto económico, en contraposición con el reciclaje y la reutilización. La propia UE anunció un ahorro potencial de 630.000 millones de euros al año si se implantasen unas políticas sostenibles en la gestión de residuos, consecuentes con la escasez de materias primas y la necesidad de generar empleos“, sinalou Alodia Pérez, responsable en España da área de recursos naturais e residuos da nosa organización.
Estas medidas, a nivel europeo, obrigarían a mellorar na xestión dos residuos aos países que están moi por debaixo das porcentaxes de reciclaxe esixidas, como é o caso do Estado Español, cun 32% de reciclaxe e compostaxe.
Amigos da Terra esixe manter o Paquete de Medidas por unha economía circular e que se aprobe nos prazos formulados na súa orixe para poder aproveitar os beneficios sociais e ambientais que ofrece. A organización sinala que o concepto de economía circular vela por unha xestión que supoña aproveitar todos os materiais, polo que exclúe deste concepto a eliminación vía vertedoiro ou incineradora, e pon en valor sistemas como o retorno de envases ou a compostaxe.
Así pois Juncker e Timmermans, vicepresidente primeiro da CE, deberían escoitar o Parlamento Europeo, e manter o Paquete de Economía Circular como unha prioridade para este ano.