campos transgenicos-2Hoxe tivo lugar a votación final sobre a renacionalización de cultivos transxénicos. O Parlamento Europeo votou a favor da nova lei que dará a posibilidade aos Estados Membros de restrinxir ou prohibir o cultivo de transxénicos nos seus territorios.

Amigos da Terra, CECU, COAG, Ecoloxistas en acción e PALT, consideran que esta decisión vai repercutir negativamente no sector agrícola español coa entrada masiva de cultivos transxénicos. España é o país con máis superficie de cultivos transxénicos na Unión Europea, moi por enriba dos outros 4 Estados que producen comercialmente organismos modificados xeneticamente (OMX) (República Checa, Eslovaquia, Romanía, e Portugal). Lamentablemente, o Estado español é o paraíso da produción de cultivos OMX en Europa. Na actualidade, hai un único cultivo transxénico permitido en Europa, o millo transxénico MON810 de Monsanto, pero con esta nova lei, o Estado podería abrir a porta a moitas máis variedades.

Neste contexto, a decisión final de aceptar a proposta sitúa o Estado Español nunha posición moi vulnerable. A lei axilizaría a tramitación de autorizacións de novos transxénicos a nivel europeo. Para España, isto significaría a entrada masiva e incontrolada de cultivos transxénicos, contaminación transxénica da cadea alimentaria, así como a ruína do sector da agricultura ecolóxica (con máis de 1,6 millóns de hectáreas, 34.000 operadores e case catro mil industrias en 2013).

Que compromisos técnicos leva consigo?

  • Existe a opción, que dependerá do Estado, de que a primeira valoración sobre a prohibición ou non dun cultivo OMX proveña das empresas biotecnolóxicas. Aínda que os Gobernos tamén poden prohibir o cultivo sen a intromisión da industria. As organizacións asinantes critican a idea de que os Estados soberanos e xestores de riscos teñan a obriga de pedir permiso ás empresas para tomar unha decisión sobre os cultivos transxénicos nos seus territorios.
  • Os gobernos teñen o dereito de prohibir grupos de cultivos transxénicos, xa sexa por variedade de cultivo ou por características deste, por exemplo, todas as plantas de millo transxénico ou todos os cultivos transxénicos tolerantes a herbicidas.
  • Os estados poden iniciar a prohibición dos cultivos tanto no proceso de autorización europeo como posteriormente, ata a duración total de 10 anos. Ademais, o goberno pode levantar unha prohibición existente sen previo aviso.

Á súa vez, coa nova lei, córrese o perigo de crear unha Europa “a dúas velocidades”: aqueles Estados máis sensibles ambientalmente e máis preocupados pola sostibilidade da súa agricultura terán a posibilidade de prohibilos no seu territorio, mentres outros Estados membros darán vía libre á entrada de novas variedades transxénicas.

Por se fose pouco, a proposta non considera a obrigatoriedade de protexer os cultivos tradicionais e ecolóxicos que poidan verse afectados, o cal implica un grave risco para a biodiversidade, a agricultura e a alimentación.

Liliane Spendeler, directora de Amigos da Terra España, sinalou que  “a pesar de la situación de España, ésta es una gran oportunidad para que el Gobierno cierre la puerta a los cultivos modificados genéticamente, y encaminar nuestra agricultura hacia un enfoque más sostenible. La ciudadanía ha rechazado continuamente los cultivos modificados genéticamente y apoya una agricultura más ecológica y local. Esta nueva ley permite a los gobiernos estatales prohibir todas las semillas de maíz modificado genéticamente para que Europa sea libre de transgénicos, y es necesario aprovecharla”. É por tanto importantísimo, recalcou Liliane que “el Gobierno de España siga la línea de los países europeos y represente de verdad a la ciudadanía y no a la industria biotecnológica, rechazando completamente el cultivo de transgénicos en el país”.

Ante este panorama, instamos ao Goberno español a tomar as medidas necesarias para prohibir definitivamente o cultivo e a experimentación con OMX no noso territorio.