
Acórdaste da saga de “TTIPSecret:? Non ao Tratado de Troia”? Son as viñetas que creamos para explicar as consecuencias do tratado. Agora deseñamos un calendario que podes conseguir apuntándote a este sorteo.
Cada un dos meses do ano corresponde a unha das viñetas que debuxou a ilustradora Isabel Vázquez para amosar, en clave de humor, os problemas que leva consigo o tratado e así chegar a máis persoas.
Ademais de gozar do teu calendario, agardamos que teñas presente o TTIP, e que continúes informándote e colaborando connosco e a campaña Nom ao TTIP.
