Hoxe 24 de novembro, durante a inauguración do Congreso Nacional de Medio, o centro ecolóxico das corcerizas recibiu o premio á sostibilidade.
A Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio, Isabel García Tejerina, entregou o Premio Conama á Sostibilidade a Paula Vidal, directora do noso centro educación ambiental, As Corcerizas. Na foto que ilustra o encabezado desta nova posan xunto co premio Paula Vidal e Liliane Spendeler, directora de Amigos de la Tierra España, que tamén estivo presente no acto.
A decisión do xurado experto en sostibilidade é un recoñecemento máis ao noso traballo de máis de 10 anos apostando por este proxecto, unha referencia en sostibilidade e enerxías renovables.

O centro respecta os criterios de bioconstrucción e toda a súa produción eléctrica procede dun mix de fontes de enerxía renovable, composto por placas solares fotovoltaicas, un eólico de pequena potencia e unha microturbina hidráulica.