IMG 4510O concello de Ourense inicia hoxe un proxecto de compostaxe con 50 familias dos nucelos semiurbanos de Mende, Lonia e Velle, apostando así por un modelo alternativo á incineración de Sogama e facendo á cidadanía partícipe directa da experiencia.

O obxectivo do proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no concello, obter un compost de calidade, e concienciar aos cidadáns acerca da problemática asociada aos residuos.

En cada fogar ourensá producense unha media de 5 Kg de residuos ao día, dos cales a metade é materia orgánica, un produto aproveitable que a día de hoxe está indo a parar á incineradora de Sogama.

A partir deste momento eses 45700Kg anuais producidos nestas vivendas deixarán de ir a Sogama e transformaranse en compost para nutrir os solos da contorna ourensá, reducindo tamén a pegada de Carbono derivada do transporte e xestión de residuos.

O aforro será duns 3700€ ao ano e se extrapolaramos esta tácnica a todo o rural do Municipio falaríamos dun aforro anual de 123.000€.

Segundo declara a responsable da área de residuos  de Amigos da Terra, María Durán: “A cidadanía é a protagonista deste proxecto, pasa de ser parte dun problema, o dos residuos,  a formar parte da solución a través da compostaxe.  A compostaxe funciona e é economica, ecoloxica e socialmente sustentable e xusta”.

Hoxe da comezo a primeira formación no nucelo de Mende e nos vindeiros días serán as seguintes, co conseguinte reparto a todas as familias dos 50 composteiro de 400 litros.

Así mesmo, proveráselles dun manual para coñecer máis do proceso e de asesoramento técnico a domicilio e por teléfono, por parte dos técnicos de Amigos da Terra.

Unha vez se inicie o proceso nas vivendas, realizaranse tres visitas nos domicilios dos participantes, para facer seguemento, resolver dúbidas e recoller datos relativos á evolución do proxecto.

Finalizarase coa extracción de compost de cada composteiro e unha avaliación da experiencia, que servirá para poñer en marcha outras vindeiras fases do mesmo.