O concello de Ourense inicia hoxe un proxecto de compostaxe con 50 familias dos nucelos semiurbanos de Mende, Lonia e Velle, apostando así por un modelo alternativo á incineración de Sogama e facendo á cidadanía partícipe directa da experiencia.
O obxectivo do proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no concello, obter un compost de calidade, e concienciar aos cidadáns acerca da problemática asociada aos residuos.
A cidadanía será neste procecto a protagonista e sendo parte no problema dos residuos, pasará agora a ser parte da solución.
En cada fogar ourensá producense unha media de 5 Kg de residuos ao día, dos cales a metade é materia orgánica, un produto aproveitable que a día de hoxe está indo a parar á incineradora de Sogama.
A partir deste momento eses 45700Kg anuais producidos nestas vivendas deixarán de ir a Sogama e transformaranse en compost para nutrir os solos da contorna ourensá, reducindo tamén a pegada de Carbono derivada do transporte e xestión de residuos.
O aforro será duns 3700€ ao ano e se extrapolaramos esta tácnica a todo o rural do Municipio falaríamos dun aforro anual de 123.000€.
Para isto , iniciarase o proxecto cunha formación inicial e o reparto a cada familia dos 50 composteiro de 400 litros.
Así mesmo, proveráselles dun manual para coñecer máis do proceso e de asesoramento técnico a domicilio e por teléfono, por parte dos técnicos de Amigos da Terra.
Unha vez se inicie o proceso nas vivendas, realizaranse tres visitas nos domicilios dos participantes, para facer seguemento, resolver dúbidas e recoller datos relativos á evolución do proxecto.
Finalizarase coa extracción de compost de cada composteiro e unha avaliación da experiencia, que servirá para poñer en marcha outras vindeiras fases do mesmo.