
Movilizaciones en todo o Estado dirán non ao TTIP e á perigosa técnica de extracción de gas que terá vía libre co tratado.
Mañá, sábado 11 de outubro, celébranse en todo o mundo o Día de Acción contra o TTIP . Amigos da Terra súmase ás movilizaciones como membro da Plataforma Cidadá de Ourense Non ao TTIP.
Numerosos colectivos sociais participan nos actos que terán lugar en 31 cidades de toda España. A través destas accións informativas e as movilizaciones, a cidadanía mostra o seu rexeitamento ao TTIP ademais de alertar ao resto da poboación sobre as consecuencias dos mesmos.
Podes consiltar as accións nas cidades galegas aqui >>>
O Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP) representa unha perda de dereitos, aínda maior da que xa sofre a cidadanía española. Trátase dun ataque contra o medio ambiente, os sistemas de saúde, a alimentación, o emprego, os servizos públicos, os dereitos digitales e outras normas que afectarán directamente a cada habitante.
Con todo, malia os impactos que ocasionará na vida diaria da poboación, as negociacións estanse levando a porta pechada. Un 92% das reunións que han ter lugar non contaron coas organizacións da sociedade civil. A opacidad en todo o proceso fai necesario esixir transparencia e informar sobre o retroceso que supoñería aprobar un acordo destas características.
As grandes beneficiadas deste tratado serán as grandes empresas que verán crecer os seus privilexios, mentres a cidadanía verá como descenden os seus dereitos e a súa capacidade de actuación. Por este motivo é imprescindible dar a coñecer o obxectivo deste tratado que dará vía libre ao fracking, aos transgénicos ou a alimentos con hormonas e cloro, ademais de rebaixar os dereitos laborais, educativos e sanitarios.
Máis información:
