nottip02
O próximo 11 de outubro celebrase o Día Mundial contra os Tratados de Libre Comercio entre a UE e Estados Unidos (TTIP), entre a UE e Canadá (CETA) e o Acordo Multilateral de Servizos (TISA). Estes acordos representan unha perda dereitos, aínda maior da que xa coñecemos, para as democracias europeas. Trátase dun ataque contra o medio ambiente, os sistemas de saúde, a alimentación, o emprego, os servizos públicos, os dereitos dixitais e outras tantas normas que nos afectarán directamente.

QUE É O TTIP?

É o Tratado “Transatlántico de Comercio e Investimentos”(Sigla en inglés: Transatlantic Trade and Investment Partnership). Trátase dun novo modelo de tratado de libre comercio que se está negociando entre a Unión Europea (UE) e os Estados Unidos de América (EUA), desde xuño do 2013, coa intención de crear a zona de libre comercio máis grande do mundo.

POR QUE AGORA?

Os EUA e a Unión Europea están perdendo poder económico e político. Outros países, especialmente China, estanos desprazando como maiores economías e como exportadores e provedores de investimento estranxeiro directa. O TTIP pretende, polo tanto, consolidar os intereses xeopolíticos e económicos, e recuperar o poder e o protagonismo de ambas potencias, declarando unha guerra comercial a terceiros países.

QUEN O NEGOCIA?

Por parte da Unión Europea negocia a Comisión Europea; a UE deulle o mandato das negociacións. Pola outra parte, é o propio Goberno dos EUA. Non obstante isto, desde a súa orixe, son os grandes lobbies ou grupos de presión empresarial de ambos lados que presionan e participan de xeito activo nas negociacións: industria automobilística, farmacéutica e agroalimentaria, empresas de servizos, bancos, fondos de investimento…

COMO SE NEGOCIA?

As negociacións estanse facendo de costas á poboación, cun alto carácter secreto sobre o seu contido, sen participación nin consulta á sociedade civil e, ademais, con moita desinformación cara aos Gobernos dos países da propia Unión Europea.

QUE REGULARÁ?

Malia que os aranceles entre a UE i EUA xa son moi baixos, este novo modelo de tratado céntrase na liberalización de todos os sectores. Quérese conseguir unha harmonización lexislativa, é dicir, unificar leis a cada lado do Atlántico, coa finalidade de reducir costos e “retrasos innecesarios” para as corporacións. Será especialmente polémica a protección dos investimentos; calquera inversor privado, fronte a tribunais internacionais pouco transparentes, poderá desafiar a lexislación ambiental, laboral ou social que interfira cos seus beneficios. Por exemplo, unha moratoria ao fracking (técnica moi contaminante de extracción de petróleo ou gas) ou unha regulación sanitaria de sustancias tóxicas poderán ser obxecto de demandas e indemnizacións millonarias fronte aos Gobernos.

QUE SUPOÑERÁ?

  • Aumentaranse os recortes dos dereitos laborais. Xustificaránse coa necesidade de redución de costos, coa política antisindical dos EUA —onde os convenios da Organización Internacional do Traballo non son recoñecidos—e coas reformas laborais impostas pola TROIKA (Comisión Europea, Fondo Monetario Internacional e Banco da Comunidade Europea).
  • Privatización dos servizos públicos e liberalización cada vez máis intensiva dos sectores económicos.
  • Leis abrigo favorables ás grandes corporacións.
  • Prexuízos das políticas mediambientais e da saúde. Exemplos: práctica do fracking, aumento de produción e venda de transxénicos, uso de toxinas e sustancias perigosas…
  • Soberanía e calidade alimentaria reducida. A gran industria agrícola verase favorecida en detrimento de pequenas explotacións máis sostibles.
  • Control de internet e do ámbito persoal. Aplicarase a lexislación norteamericana que facilita a vixilancia cibernética, o acceso a datos persoais e prohibe compartir arquivos na rede.
  • Menor acceso á saúde. Blindaránse as patentes farmacéuticas, reducindo, por exemplo, a posibilidade de acceso a medicamentos xenéricos.
  • Democracia secuestrada. A todo isto agregarase que, a través dos mecanismos de investimentos, os Gobernos atoparanse cautivos e non poderán poñer en práctica políticas públicas sociais e medioambientais destinadas a protexer á cidadanía, porque veranse obrigados a traballar únicamente para o beneficio do gran capital.

nottip02

Máis información sobre o TTIP no blog da Plataforma Estatal #NoalTTIP

Sábado 11 de outubro ven a dicir Non ao TTIP!

12 horas

Concentración na Praza Maior en Ourense

Amigos da Terra forma parte da Plataforma Cidadá de Ourense NON ao TTIP

Infórmate

Comparte o coñecemento

Actúa!