• A nova estrutura de Comisión Europea presentada polo presidente Jean-Claude Juncker pon nun segundo plano cuestións de medio ambiente de vital importancia como o cambio climático, a biodiversidade e a xestión de recursos naturais
• O mandato enviado aos comisarios para revisar as normas de protección ambiental existentes supoñería renunciar a un dos grandes éxitos da UE
• A Comisión Europea navega en dirección contraria aos cidadáns. O 95% dos europeos considera importante a protección do medio ambiente, segundo o último Eurobarómetro

As principais ONG de medio ambiente españolas, Amigos de la Tierra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF mostran a súa preocupación ante a reforma da Comisión Europea recentemente presentada polo presidente Jean-Claude Juncker. A estrutura da nova Comisión e as cartas de misión entregadas a estes por Juncker relegan a un segundo plano o medio ambiente e pretenden relaxar a lexislación e os compromisos europeos en materias tan vitais como o desenvolvemento sostible, a calidade do aire, a protección da biodiversidade e a acción polo clima.
A Comisión Europea parece querer camiñar en dirección contraria ao sentir dos cidadáns europeos. Segundo o último Eurobarómetro, publicado neste mesmo mes de setembro, o 95% dos cidadáns considera que a protección do medio ambiente é importante para eles, e moitos pensan que se pode facer máis. Malia a crise económica, a preocupación dos europeos polo medio ambiente non diminúe. De feito, unha gran maioría de europeos cre que o uso eficiente dos recursos naturais (o 79 %) e a protección do medio ambiente (o 74 %) poden impulsar o crecemento económico.
Consideramos que o novo presidente da Comisión Europea debe suscitar un organigrama da Comisión e unhas prioridades que estean á altura do que os cidadáns demandan e o medio ambiente necesita. Os múltiples retos ambientais –loitar contra o cambio climático, revertir o declive da biodiversidade e acabar coa sobreexplotación dos recursos naturais– son máis difíciles de resolver que nunca e a necesidade de acción nunca foi máis clara e urxente.
Por este motivo, Amigos de la Tierra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF-España uniron as súas voces ao resto de asociacións ambientais a nivel europeo para constituír entre todas a alianza Green 10 e solicitar ao presidente Juncker que dea marcha atrás no seu propósito, como pode lerse na carta aberta que lle foi enviada. O Green 10 constitúe unha coalición apoiada por 20 millóns de cidadáns nos 28 estados da UE. Xuntos presentamos unha batería de propostas para conseguir os avances significativos e necesarios en política ambiental europea durante os próximos anos. O conxunto delas pode lerse aquí Why the European Parliament should block Jean-Claude Juncker’s attempt to undermine the EU’s environmental policies. E os seguintes son os puntos fundamentais:
1) Que se estableza unha Vicepresidencia para a Sostibilidade que coordine as carteiras de medio ambiente, pesca, agricultura e política rexional. Isto permitiría un espazo adecuado para as políticas ambientais e de eficiencia no uso dos recursos. Ademais a Vicepresidencia de Emprego, Crecemento, Investimento e Competitividad ten que incorporar explícitamente o medio ambiente na súa axenda.
2) Que se transforme a Vicepresidencia para a Unión de Enerxía nunha Vicepresidencia para a Acción polo Clima e Enerxía da Unión e véxase reflectido no seu mandato. Isto significaría que o representante da Comisión nas negociacións internacionais sobre o clima debe ter un mandato claro para facer fronte á crise climática.
3) Que se restableza a carteira de Medio Ambiente, que foi fusionada, reafírmense as súas competencias e defínase un novo mandato coa prioridad de respectar o traballo do Parlamento Europeo e aplicar o Sétimo Programa para o Medio Ambiente. O Parlamento debe esixir, ademais, que o mandato ao Comisario de Medio Ambiente para debilitar as Directivas de conservación da natureza sexa reemplazado por unha instrución clara: aplicar con firmeza esta lexislación e traballar para lograr que se cumpran as metas de biodiversidade establecidas pola UE en 2020. A DG ENV tamén debe seguir dando prioridad á protección da saúde das persoas, fortalecendo a lexislación crave sobre a calidade do aire e os produtos químicos, e recuperando as competencias sobre biocidas e plaguicidas.
4) Que se resolvan os posibles conflitos de intereses dos candidatos, e en particular para a carteira de Acción para Clima e Enerxía.
Como se pode comprobar no documento Un Programa pola Terra, publicado con motivo das eleccións europeas e debatido en campaña electoral, desde Amigos de la Tierra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF consideramos que fai falta un claro esforzo adicional ante a crise do clima, o declive da biodiversidade e o uso insostenible e inxusto dos recursos naturais. O novo presidente da Comisión Europea debe demostrar desde o primeiro momento, co organigrama e o programa da Comisión, que ten unha estrutura e unhas prioridades á altura da enormidade dos retos ambientais aos que nos enfrontamos nos próximos anos.