pescadores golfo imaxe xornadaspesca 2014
Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras
organizan o 19 de setembro en Oleiros,  un encontro de iniciativas de pesca sustentable de Galicia e Centroamérica, rexión na que as dúas entidades levan anos desenvolvendo proxectos de cooperación ao desenvolvemento.

 

Durante a “Xornada de Pesca Sustentable en Galicia e Centroamérica: mar de todas, mar de ninguén”, celebraranse varias mesas temáticas e un intercambio de experiencias entre representantes de confrarías pesqueiras e entidades mariñeiras de Galicia, Honduras, Nicaragua e O Salvador. Deste xeito, coñeceremos as principais problemáticas sociais, ambientais e económicas ás que se enfronta a pesca artesanal sustentable, e as oportunidades para desenvolvela como alternativa ao modelo de pesca industrial imperante.

Ademais das cooperativas e confrarías, contaremos coa participación de expertos e outros actores clave no sector pesqueiro (entidades de investigación, organizacións ecoloxistas ou asociacións de armadores). A partir das experiencias compartidas e das conclusións da xornada espérase obter un manifesto común, como base para a posible creación dunha rede internacional Galicia-Centroamérica a prol da pesca e o marisqueo artesanais e sustentables.

Destinatarios/as: Esta actividade é especialmente indicada para todas aquelas persoas que coñecen e viven do sector pesqueiro, que queren afondar nas implicacións dos distintos modelos de pesca, ou coñecer iniciativas de pesca artesanal e/ou sustentable.

DATA: VENRES 19 DE SETEMBRO
HORA: 09:30-20:30
LUGAR: Sede do CEIDA . Castelo de Santa Cruz, Oleiros (A Coruña)

Programa

Prazas limitadas! Xornada gratuita. Precísase inscrición. Solicita máis información ou inscríbete en : cooperacion@amigasdaterra.net / info@galicia.isf.es

Data límite da inscrición: 16 de setembro

Apoia:

Logo xuntaLogo cooperacion galega