veranearte 2014
Dentro das actividades do Veranearte organizadas polos colectivos que forman parte do ESCUA, hoxe luns día 28 de Xuño, ás 18:00 horas Amigos da Terra organiza un roteiro polos distintos ríos da cidade de Ourense.

O roteiro partirá á beira do río Barbaña, baixo a pasarela que une a Alameda co parque do Barbaña.

A visita terá unha duración aproximada de dúas horas, durante as cales se percorrerán as ribeiras dos ríos Barbaña, Miño e, finalmente, Loña. Durante o percorrido, falarase sobre as principais especies presentes nas ribeiras dos nosos ríos, así como o estado de conservación das mesmas.

Os participantes tamén aprenderán a identificar os principais impactos que sofren estos tipos de ecosistemas ao paso dos ríos polas cidades.

Con esta actividade perséguese o obxectivo fundamental de dar a coñecer o funcionamento básico dun ecosistema de ribeira, facendo capaces aos participantes de identificar, distinguir, e ser capaces de poñer solución aos principais problemas ambientais que afectan aos ríos e aos bosques de ribeira na actualidade.