FotoBolsasAs bolsas de plástico representan un grave problema para os nosos océanos
Hoxe 3 de Xullo celébrase un ano máis o día sen bolsas, con especial atención ao impacto mariño e con esperanzas nas novidades europeas. Amigos da Terra súmase á celebración desta data en coalición coa campaña internacional [1] promovida por Zero Waste [2].

Este ano a campaña denuncia a contaminación que producen as bolsas nos ecosistemas mariños. As bolsas de plástico dun só uso son un dos residuos máis abundantes nos nosos mares e provocan graves impactos na fauna e flora mariña.
Amigos da Terra solicita ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente que retome as medidas para poñer fin ao uso de bolsas, e recolla o testigo lanzado polo Parlamento Europeo, prohibindo o uso de bolsas dun só uso, ou impoñendo unha taxa que repercuta en medidas de mellora ambiental e concretamente na xestión de residuos.
Nos últimos anos, as autoridades públicas europeas manifestaron a súa preocupación polo problema causado por estas bolsas e, tras varios debates, o Parlamento Europeo solicitou a redución do 80% destes residuos para 2019.
Algúns dos Estados Membros xa empezaron a traballar. Reino Unido introducirá unha taxa ás bolsas dun só uso en 2015 e Francia, polo seu lado, introduciu unha enmenda á súa lei de biodiversidade coa que pretende prohibir o uso de bolsas a partir de 2016.
No Estado Español a situación segue estancada. Trala eliminación do calendario de sustitución de bolsas de plástico da lei de residuos, a xestión segue en mans dos distribuidores privados, que deciden libremente si cobran ou non polas bolsas, e o beneficio resultante cae en mans privadas. Con estas medidas, a redución de bolsas non está sendo significativa e non logra sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de utilizar alternativas.
O Goberno do Estado Español debe concretar propostas para reducir, reutilizar e reciclar todos os fluxos de residuos. O paquete de medidas de economía circular publicado onte mesmo pola Comisión Europea insta a todos os estados membros a reciclar o 70% dos seus residuos para 2030 e o 80% si son envases, como é o caso das bolsas de plástico [3]. Doutra banda, tampouco se poderán verter residuos reciclables en 2025, de novo o caso das bolsas.
“As bolsas de plástico dun só uso son un símbolo da incultura de usar e tirar que se demostrou insostenible e ilóxica, polo que é necesario un cambio de hábitos de consumo impulsado polas autoridades públicas, industria e sociedade civil”.

[1] http://www.plasticbagfreeday.org/

[2] http://www.zerowasteeurope.eu/

[3] http://www.tierra.org/spip/spip.php?article2012