091130_ogrovecompos
Este concello pontevedrés comezou a apostar pola compostaxe como método de xestión alternativo para os seus residuos fai agora tres anos, en conxunto con Amigos da Terra, contando coa participación de 100 familias, e dende hoxe serán 75 familias máis ás que se sumen ao programa, traballando así pola redución de residuos e pola mellora ambiental do concello.

Esta tarde, as novas 75 familias veciñas, participan da formación inicial do proxecto e colocarán nos seus forgares os composteiros facilitados polo concello. Nos vindeiros meses, a técnica de Amigos da Terra visitará cada fogar , dando formación e asesoramento sobre o proceso, para garantir o seu bo funcionamento.

A avaliación realizada ata o momento amosa que nos fogares onde xa se realiza a compostaxe a cantidade de residuos destinada ao contedor xenérico reduciuse nun 40% e que a separación selectiva do resto de residuos mellorou notablemente.
Ademáis, estes veciños participantes están usando xa o compost obtido dos seus residuos orgánicos para abonar os seus terreos de cultivo e xardíns.

O Grove e Amigos da Terra apostan pola compostaxe, porque outro modelo de xestión dos residuos é posible .