Amigos da Terra ofréceche unha alternativa para que pases os festexos nesta época de Nadal no albergue de As Corcerizas, en grupo ou de xeito individual, compartindo o encanto da serra no inverno. Ademais de presentarse como un espazo de relax e desfrute da natureza, constitúe unha boa opción para facer novas actividades: roteiros pola montaña, autoprodución de fungos, obradoiros de cosmética natural, velas ecolóxicas, etc.
Consulta as promocións de fin de semana de decembro, ou pasa o fin de ano na montaña.
Comeza o 2014 en As Corcerizas! Máis información