090709_planta_con_residuosAmigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, e Retorna analizan os nosos vertedoiros no estudo ‘Un Xacemento no Lixo’. Nos vertedoiros acumúlanse 275 millóns de toneladas de materias primas valiosas, máis de nove millóns de camións de gran tonelaxe.

Preto do 70% de todos os nosos residuos rematan enterrados en vez de reciclados, pero un pacto de silencio mantén na penumbra a deficiente xestión dos vertedoiros.

A redución, reutilización, o sistema de retorno de envases (SDDR) e a recollida selectiva da materia orgánica serían a solución para xestionar os nosos residuos.

Cada cidadán en España ‘produce’ uns 535 quilogramos de residuos ao ano. Son 24 millóns de toneladas ao ano no Estado español, que van parar aos preto de 200 vertedoiros legais que existen e aos centos e miles doutros vertedoiros de lixo ilegais dispersos pola xeografía. O informe “Un xacemento no lixo”, realizado por Ecoloxistas en Acción e Amigos da Terra, dúas das asociacións que máis saben sobre residuos e forman parte da Plataforma Retorna, vén a denunciar que o 70% destes residuos enterrase sen máis, desperdiciando millóns de toneladas de materias primas que terían que ser recicladas para unha segunda vida.

O noso intento por descubrir a realidade dos vertedoiros topouse cun muro de silencio. As instalacións que xestionan os nosos lixos só ofrecen datos fríos e contraditorios, sempre positivos para os seus intereses. Ningún organismo controla as estatísticas e as administracións danas por boas e envíanas a Bruxelas. A falta de cifras contrastadas e a súa dispersión poderían ser a causa de que dende 2006 non haxa un informe sobre os vertedoiros como este. Unha gran burbulla do lixo está a punto de estoupar.

Un xacemento no lixo

Recollida de envases