xustiza_climatica

O pasado venres 8 de novembro, o tifón Yolanda (Haiyan) arrasou gran parte do centro e sur do territorio das Filipinas. Estímase, entre os danos, que o 80% da cidade de Tacloban foi totalmente arrasada.

Na illa de Leyte, o xefe da policía Rexional, declaraba as 10.000 vítimas que comunicaba á súa vez o gobernador provincial, Dominic Petilla, podería haber só nesta rexión, a maioría por causas de afogamento e derrubamento de edificios. As cifras aínda non son definitivas. Alo menos 300 persoas mortas e 2.000 desaparecidas súmanse ó día seguinte na illa de Samar, no leste do país, segundo citan as autoridades filipinas nos medios locais.

Hai 10 millóns de persoas afectadas

Para dar a coñecer o marco do proceso de negociación internacional, e as declaracións do representante filipino nas mesmas, antes e tralo Haiyan, nos anos 2012 e 2013, traducimos as comparecencias e achegamos os enlaces a ambos vídeos.

Escasos avances na loita contra o cambio climático

No Cumio do Clima de Doha (Doha Climate Summit), celebrada en Qatar en 2012, o xefe da delegación filipina nas negociacións sobre cambio climático, Naderev (“Yev“) Saño, exhortou ás representacións dos países alí presentes a establecer compromisos firmes e medidas urxentes.-

“Falo no nome de 100 millóns de filipinos; (…). E fago un chamamento urxente, non coma negociador, non coma líder da miña delegación, senón coma filipino.

Fago unha súplica ó mundo enteiro, ós lideres de todas as partes do mundo, para que abran os ollos e se dean conta da realidade á que nos enfrontamos.

Suplico ós ministros; o resultado do noso traballo non se basea no que os dirixentes políticos queiran; baséase no que 7 mil millóns de persoas piden de nós.

Fago un chamamento a todos; por favor, non máis retrasos, non máis escusas;

Por favor, deixen que Doha sexa recordada coma o lugar onde atopamos o acordo político que lle pode dar á volta ás cousas.

E deixen que 2012 sexa recordado como o ano no que o planeta atopa a coraxe necesaria para facelo; atopar a coraxe para responsabilizarse do futuro que queremos.

Diríxome a tódolos presentes aquí:

Se nós non, entón quen?

Se non agora, entón cando?

Se non aquí, entón onde? 

O seu discurso pódese escoitar aquí:

Trala mesma, e por décimo oitava vez, delegados de todo o mundo continúan frustrantes negociacións internacionais sobre a problemática global do cambio climático, no marco definido polas Nacións Unidas. Amigos da Terra declarou xa por aquel entón a súa preocupación pola falta de vontade política, e por parte dos países desenvolvidos á hora de establecer compromisos vinculantes e medidas concretas para adaptación e mitigación do mesmo.

Tras anos de interminables negociacións, véñense de facer  moi poucos progresos, e mesmo poderiamos afirmar que estes están a ser diluídos por algunhas potencias do norte.

A pesares dos titulares oficiais de Nacións Unidas, en Doha non se conseguiron sentar as bases cara un avance real cara pola redución de emisións.

As causas deste intento falido recaen sobre os países do Norte, principalmente sobre os EEUU. A administración de Obama está a desmantelar o marco das negociacións de cambio climático de Nacións Unidas co apoio doutros estados industrializados e das elites do Sur.

A Conferencia de Varsovia e a folga de fame do representante filipino

Mentres os medios internacionais falaban da traxedia, o martes 11 de novembro, na Conferencia sobre Cambio Climático celebrada en Varsovia, Yeb Saño conmocionaba de novo ós presentes cun emotivo e sincero discurso no que lamenta o indescritible desastre, suplicando ás autoridades internacionais que se comprometan en firme na loita global contra o cambio climático.

“(…) As avaliacións oficiais amosan unha grande e desolada estela de destrución masiva; sen precedentes, impensable, terrorífica; E a devastación cambaléase -pende dun fío-;

É difícil atopar palabras ata para as imaxes vistas na cobertura mediática; E é difícil atopar palabras para describir como sento as perdas. A esta mesma hora agonizo á espera de novas dos meus propios familiares (…) Afortunadamente o meu irmán comunicoume que sobreviviu (…).

Falo pola miña delegación, pero falo para os países, por aquela xente que xa non poderá volver a falar por eles mesmos, ó falecer trala tormenta, polos que quedan orfos trala mesma, tamén polos que buscan a contra reloxo o rescate de máis superviventes, e aliviar o sufrimento das persoas afectadas.

Podemos tomar medidas drásticas agora, que preveñan un futuro no que os super- tifóns (*)  supoñan unha forma de vida. Podemos ir ó obxecto desta Convención (…)?; ratifiquemos o noso propio destino; Temos que afrontar o asunto das perdas e os danos; A perda e o dano é unha realidade hoxe en día ó redor do mundo; Non podemos comezar a resolver o cambio climático cando pretendemos aumentar as emisións; (…).

E non sendo unha falta de respecto (…) comezarei agora mesmo, voluntariamente, unha folga de fame polo clima; iso significa que rexeito de comer ningún alimento durante esta conferencia, ata que un obxectivo significativo sexa considerado, ata que haxa promesas concretas de mobilización de recursos para o Fondo Verde do Clima.

Ata que aseguremos financeiramente esta adaptación;  ata que vexamos unha ambición real de acción ambiental, en coherencia cos principios que vimos asinar aquí,

Señor Presidente, este proceso ven de ser chamado  incluso “O encontro anual de carbono intensivo  de viaxeiros frecuentes  inútiles” ase coma “Aforrando hoxe o mañá”;

Podemos arranxalo. Podemos deter esta tolería

O seu discurso pódese escoitar aquí:

Queremos salientar que cada barreira ou paralización que se produza no marco de acadar un acordo suporá un custo moito máis elevado a medio e longo prazo, e unhas consecuencias moito máis dramáticas, para o global da poboación mundial, cunha maior afectación no caso das máis vulnerables.

ÚNETE A NÓS NA DEMANDA DUNHA XUSTIZA CLIMÁTICA!

(*Sobre as traducións: galician.overseas@gmail.com)