Estabalcons_comestibles01 fin de semana Amigos da Terra formará parte do festival Terractiva , que conta como cada ano con numerosas alternativas medioambientais de toda Galicia. A feira terá lugar no concello de Arzúa (A Coruña).

Amigos da Terra, en colaboración coa Fundación Biodiversidade, participará na feira con un posto no que amosaremos entre outras cousas, 10 alternativas ao modelo enerxético actual, como reducir a nosa pegada de carbono a través da Compostaxe de residuos e participaremos tamén no espazo de conferencias, presentando o noso novo infome: Alimentos viaxeiros: cantos quilómetros percorren ata chegar ao teu prato? Un informe que analiza o impacto climático dalgúns dos alimentos cotiás que importa anualmente o estado español e traduce a toneladas de CO2 equivalentes o dano colateral da nosa alimentación industrializada, á vez que presenta alternativas

Agardámosvos na Feira!

Podedes consultar o programa aqui >>>

Esta actividade desenvólvese coa colaboración de:

FB2012LogoFundacion