
O día 5 de outubro, en Redondela, ten lugar o VIII Encontro da Rede Galega de Sementes.
Haberá distintos intercambios de sementes, formación sobre a extración e conservación das mesmas, asé coma mesas de debate sobre a agricultura ecolóxica na Galiza.
Xa que logo o Consumo Responsable é unha das áreas de traballo prioritarias de Amigos da Terra, participaremos no devandito encontro, cun stand, onde atoparedes, entre outros:
- Catálogos de produtos de tempada e produtoras ecolóxicas
- Información e mostrario de sementes de variedades locais
- Test de millo transxénico MON-81
- Revistas e publicacións en torno á Soberanía Alimentaria
Localización: Alameda de Redondela. Se chove, trasladarase á feira do gando.
Data e hora: sábado 5 de outubro, a partires das 10.30h, ata as 14.30h
Queremos animarvos a asistir e participar da promoción e consolidación da agricultura ecolóxica, coñecer as sementeira e a recolleita das nosas variedades locais.
Solicita máis información: consumo@amigasdaterra.net
Teléfono: 986 229 089 (oficina de Amigos da Terra, Vigo)
Máis info sobre o VIII Encontro: redegalegadesementes.wordpress.com
Esta actividade enmárcase no proxecto “Movéndonos para o cambio”, financiado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
