resized_resized__MG_0812O  xoves 26 de setembro en Ourense levarase a cabo un obradoiro de Cociña Solar. Será o primeiro dos catro obradoiros sobre consumo responsable que se efectuarán ao longo dos meses de setembro e outubro nas vilas de Vigo e Ourense.

Nesta ocasión falaremos e debateremos, entre outros, sobre o actual modelo eléctrico existente en España, ademais de comentar e fomentar outras opcións máis sustentables. Tamén, como posible alternativa ao sistema, elaboraremos un forno solar con materiais como cartón, papel de xornal ou papel de aluminio.

Localización: Centro de Interpretación de As Burgas, Ourense.

Destinatarios/as: Todas as persoas interesadas en coñecer o funcionamento do modelo enerxético actual e aquelas que queiran dar o primeiro paso cara un sistema sostible e xusto. Especialmente orientado para persoas entre 18 e 35 anos de idade.

Data e horaxoves 26 de setembro, entre ás 17:45 h e as 20:00 h

Actividade gratuíta, prazas limitadas.

Se estás interesado/a en participar, envía a ficha de inscrición que aparece no final desta nova ou solicita máis información a:

Correo-e: voluntariado.galicia@amigasdaterra.net

Teléfono: 988 374 318 (oficina de Amigos da Terra, Ourense)

Financia: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

ficha_inscricion_cocia_solar_OU.doc

ficha_inscricion_cocia_solar_OU.odt