Hoxe celebramos o Día Europeo sen Coches cunha biciletada ás 20h na Praza Maior de Ourense; unha iniciativa incluída dentro da Semana Europea da Mobilidade coa que se pretende concienciar á cidadanía da necesidade de mudar os hábitos de transporte , nos que o vehículo privado é o rei, por outros máis saudables tanto para o planeta como para nós, como o transporte público, a bicicleta ou simplemente camiñar.
Diminuír o uso do coche particular ten moitos beneficios aparte de contribuír a frear o cambio climático, posto que o transporte é a principal causa de fragmentación dos ecosistemas e un dos maiores responsables do actual caos na ordenación do territorio e a planificación urbanística, e por suposto, contribúe ao deterioro da calidade de vida nas cidades.
Non obstante, dende Amigos da Terra somos conscientes de que o éxito deste tipo de campañas depende en gran medida do apoio das Administracións, encargadas de promover o uso deste tipo de transportes sostibles nas cidades e de inverter nas infraestruturas necesarias que favorezan o uso dos mesmos.
É por isto, que o cambio cara unha sociedade máis sostible en materia de mobilidade é tarefa de todos e todas, tanto da Administración como da cidadanía, e todos/as debemos poñer o noso gran de area para conseguir que o Día sen Coches, non se limite a unha mera data e o celebremos durante todo o ano.
Co motivo deste día, hoxe no concello de Ourense celebrarase una bicicletada que dará saída ás 20h da Praza Maior co lema “Ao traballo en bici”. Dende Amigos da Terra animámosvos a participar e a celebralo unha vez ao ano pero tamén a coller a bici todos os días.