Estamos entre os 15 finalistas E precisamos a túa axuda!
O Albergue As Corcerizas representa ao Estado español nun concurso de Hostelling International a nivel mundial, que ten como finalidade a conservación e o respeto polo medio ambiente; o proxecto que máis votos online reciba será o gañador.
Dende Amigos da Terra e a Red Española de Albergues Juveniles (REAJ) solicitamos a vosa colaboración votando polo proxecto de As Corcerizas (Spain) entrando en www.reaj.com/sostenibilidad.html e seguindo os pasos que se indican.
Ademais, REAJ sortea 4 fins de semana en calquera dos seus 264 albergues entre as persoas que apoien a As Corcerizas!
Co teu apoio estaremos preto de conseguir o premio que dará continuidade ao proxecto de soberanía enerxética de As Corcerizas e a súa divulgación, a través das seguintes accións:
Instalación dun pequeno muíño eólico
Monitorización de todas as enerxías alternativas do centro: eólica, solar fotovoltaica e microhidráulica
Construción de muros radiantes de barro crú como sistema eficiente de calefacción
Posta en marcha dun programa escolar que permita coñecer e divulgar estas alternativas posibles
Esperamos poder gañar co voso apoio! Por esta razón, pedimos a vosa colaboración para difundir ao máximo esta información a través dos vosos contactos de correo electrónico, servizos de información xuvenil, medios de comunicación, redes sociais, … podedes descargar:
Banner para insertar en webs e redes sociais
Documento informativo para a difusión de máis info do proxecto
Información complementaria:
15 Finalistas HI 2013 Sustainability Fund
As Corcerizas é sustentabilidade, é necesaria, posible… e contigo realidade!
