DSC01268

Hoxe martes 23, ás 18:00 horas, Amigos da Terra, coa colaboración da Fundación Biodiversidade, levará a cabo un obradoiro de compostaxe dirixido a futuros Monitores de Ocio e Tempo libre. A actividade,desenvoverase na Aula da Natureza do Río Miño en Oira.

 O obxectivo deste obradoiro é o de sensibilizar sobre a problemática ambiental que supoñen os residuos e a súa xestión en Galicia e capacitar na búsqueda de aternativas para reducir a súa pegada de Carbono.

 

 Na actividade falarase do sistema de xestión de residuos maioritario en Galicia, baseado na incineración e no vertedoiro e da problemática que leva asociada. De todos os residuos que se producen en Galicia, case un 50% son residuos orgánicos que se poderían compostar en orixe cerrando así o ciclo natural da materia orgánica e evitando a actual xestión centralizada baseada na incineración, que supón non só un enorme gasto económico, senon tamén unha problemática ambiental asociada á emisión de gases de efecto invernadoiro, impacto ambiental, prexuizos para a saude humana, etc.

 Daranse unha serie de pautas sobre como compostar, qué e onde. Deste xeito, ofrecerase unha alternativa sostible e rentable; a compostaxe descentralizada. Tratarase dunha xornada participativa na que se animará os participantes a intervir e crear un debate coas as distintas opinións que podan xurdir. Tras a xornada de exposición, os participantes realizarán, paso a paso , un pequeno composteiro.

 Preténdese deste xeito que, rematada a actividade, todos os asistentes coñezan a situación que está a sufrir Galicia como consecuencia do sistema de xestión de residuos vixente e sobre todo, que sexan quen de propoñer, implantar e utilizar un modelo de xestión alternativo, económico e sostible e, sobre todo, máis respetuoso co medio ambiente.

 

Esta actividade desenvólvese coa colaboración de:

FB2012LogoFundacion