
Dende hoxe e ata o próximo sábado 25 de maio, celébrase en Nantes o V Foro Mundial sobre Dereitos Humanos, no que participará Amigos de la Tierra mediante a presentación da exposición fotográfica “Corporacións en Guatemala: poñendo aos dereitos humanos e aos defensores do medio ambiente en risco”.
Esta mostra sobre a situación de defensores e defensoras do territorio en Guatemala, inclúe imaxes do paso por España de Natalia Atz Sunuc, Coordinadora de CEIBA -Amigos de la Tierra Guatemala- e Paula del Cid -Asociación La Cuerda-, na súa xira de denuncia dos abusos ás comunidades locais protagonizados por empresas hidroeléctricas e extractivas.
Ademais, Marta Zogbi presentará no Foro o proxecto de Friends of the Earth International “Defensores dos dereitos humanos e medio ambiente”, que visibiliza as situacións de violencia que viven moitos activistas que traballan na defensa do medio. Na actualidade os recursos naturais xestionados polas comunidades atópanse en perigo de contaminación, privatización ou sobreexplotación por mor das actuacións de poderes económicos e políticos, situacións contra as que continuaremos traballando dende todos os grupos membros de FOEI.