A xira das activistas guatemaltecas, denunciando os abusos da empresa galega Hidralia, segue adiante. No día de hoxe, as accións trasláronse a Compostela e mañá pecharán a súa xira en Vigo, cunha rolda de prensa e un encontro con movementos sociais e cidadanía, que se celebrará ás 19:30 horas na Federación de Veciños Eduardo Chao.
Durante a mañá de hoxe pudieron reunirse con tres dos catro grupo parlamentarios (BNG, AGE e PSdG-PSOE) e a partires das 20 horas, celebrarase unha charla no Centro Social As Dúas, baixo o lema “Estado de sitio e violencia patriarcal en Barillas”.
A xira está espertando un importante interese. As actuacións do pasado martes 30 de abril en A Coruña, tiveron gran repercusión mediática e social. Tanto a protesta fronte a sede da empresa como a posterior rolda de prensa e o coloquio con organizacións sociais espertaron o interese da cidadanía.
Achegámosvos algunhas imaxes das accións desenvoltas e convidámosvos a participar o encontro solidario que celebraremos mañá venres en Vigo.
