No contexto da celebración do Día da Terra, a Plataforma Cidadá Ríos Limpos, da que forma parte Amigos da Terra, levou a cabo o pasado 22 de abril unha reunión con ecoloxistas, asociacións veciñais, grupos políticos e sindicatos
coa intención de impulsar unha plataforma para frear as desfeitas das obras do AVE na provincia de Ourense, as cales están destruíndo o patrimonio natural, a etnografía, o patrimonio cultural… coa permisividade e desleixo das distintas administracións públicas.
Estas xornadas sobre o tren realizadas durante 3 días foron unha oportunidade, grazas á participación de voluntarios, para a realización dun reportaxe fotográfico e dun vídeo para amosar a realidade do que pasa en Galicia polas obras do AVE, e especialmente a destrución dun bosque de castiñeiros milenarios.
Porque o tren si, mais non así!