Amigos da Terra convídache a participar nunha horta urbana en Ourense. Da man do produtor ecolóxico Jacobo Ojea, tentaremos mellorar o proxecto de horta comunitaria que iniciamos fai xa uns meses. Para elo, organizamos este sábado día 27 unha xornada de traballo na parcela onde, ademais de sementar, analizaremos e decidiremos en grupo qué cultivar, cómo traballar e regar a terra ou cómo optimizar o rendemento da mesma.
A actividade é gratuita e aberta a participación de todos/as. Se queres cultivar alimentos ecolóxicos e unirte a unha horta comunitaria, esta é a túa oportunidade!
Data e hora: sábado 27 de abril (ás 10:30 horas)
Lugar: Rúa dos Ponxos, Barrio do Polvorín (á altura do parque para maiores)
Para apuntarte escribe a: cooperacion@amigasdaterra.net