AdT_ZLT_Vigo-1889Hoxe mércores 17 de abril, Día Internacional das Loitas Campesiñas, continuamos a nosa labor de solicitude de “Zona Libre de Transxénicos” nos concellos galegos, cun acto reivindicativo. Activistas de Amigos da Terra disfrazadas de mazorcas, entregamos por rexistro a solicitude para declarar a Vigo como Zona Libre de Tranxénicos.

Esta solicitude xa foi presentada hai máis de un ano á Concelleira de Medio Ambiente para que se trasladase ao pleno municipal. Tras un ano sin obter desposta algunha, Amigos da Terra presenta de novo a proposta, neste caso nun acto público. A cidade de Vigo, na súa condición da maior cidade galega, podería liderar o compromiso na defensa do medio ambiente e da saúde apoiando esta declaración, e servir de impulso para que moitas máis vilas galegas seguiran o seu exemplo.

En Galicia máis de 30 Concellos están xa declarados como Zona Libre de Tranxénicos e existe unha Plataforma Galega Antitranxénicos da que forma parte Amigos da Terra e que integran máis de 50 colectivos ecoloxistas, labregos, culturais, de consumidores, sindicais etc.

AdT_ZLT_Vigo-1866

A declaración de “Zona Libre de Tranxénicos” é un acto simbólico de rexeitamento por parte de municipios, deputacións provinciais ou comunidades autónomas, ao cultivo de Organismos Modificados Xenéticamente, tamén coñecidos como OXM ou OGM. As administracións, a través desta declaración teñen unha ferramenta para a protección ambiental, a saúde dos seus cidadáns e a calidade dos seus produtos agrícolas así como a súa biodiversidade.

Actualmente 9 países da Unión Europea (Francia, Alemania, Austria, Grecia, Luxemburgo, Irlanda, Polonia, Hungría e Italia) teñen prohibido o cultivo de transxénicos no seu territorio, e o número vai en aumento. Mentras tanto España non soamente descarta esa prohibición sinon que neste momento trátase do maior productor de transxénicos de Europa.

Ante esta situación, distintas comunidades autónomas do estado (Asturias, País Vasco, Baleares y Canarias) tomaron a decisión de declarar o seu territorio como zona libre de transxénicos. Paralelamente centenares de Concellos españoles, en número crecente, se estánse adherindo a estas declaracións de zonas libres de transxénicos.