rios_limpos_Con motivo da celebración do Día da Terra, a Plataforma Cidadá Ríos Limpos, da que forma parte Amigos da Terra, levara a cabo unhas xornadas para visibilizar as desfeitas que supoñen as obras do AVE na provincia de Ourense.

As obras do AVE están destruíndo o patrimonio natural, a etnografía, o patrimonio cultural…coa permisividade e desleixo das distintas administracións públicas.

20, 21 e 22 de abril “AVE, asi Non” Xornadas para visibilizar a desfeita que supoñen as obras do AVE na provincia de Ourense

20 sábado – Andaina e convivencia cos veciños e veciñas de Porto Alemparte-As Maus (Vilar de Barrio)

10:00 Saída do local social de Porto (percorrido da andaina 15 Qm.) emboscaremonos nas fragas autóctonas, camiñaremos polas ribeiras do Arnoia….

14:00 Xantar no local social de Porto

16:00 Roteiro guiado polos veciños e veciñas de Porto-Alemparte nos “Soutos”, fraga autóctona co risco de desaparecer por culpa das obras do AVE. Contacontos a carón do castiñeiro milenario de “Chaos”. Prantación de árbores, xogo de orientación, sorteo de agasallos… e o remate queimada para apartar os malos espíritus, diaños, trasnos e demais maleficios…

Prezo das actividades 10 euros (menores e parados de balde).

21 domingo – Roteiro guiado para visitar as obras do AVE, dende Campobecerros (Laza) até Taboadela (Ourense)

10:00 Saída dende Ourense (Pazo Deportes Paco Paz)

10:45 Área Antela Xinzo da Limia

11:15 Saída centro Vilaza-Verín

No roteiro veremos as desfeitas das obras, a falla de medidas correctoras, o forte impacto medioambiental e paisaxístico, a falla de sensibilidade, a non integración do proxecto…

22 luns ás 20:00 horas: DÍA da TERRA, Edificio de Ferro do Campus de Ourense (aula 03)

Presentación da Plataforma, proxección de imaxes da desfeita das obras do AVE e dos obxectivos para parar os estragos que está a sofrir o patrimonio, debate aberto ás organizacións, cidadáns

Organiza: Plataforma Ríos Limpos

Colaboran: veciños e veciñas de Porto e o Albergue de As Corcerizas (Amigos da Terra)

Chámanos antes do día 18 de abril ao teléfono 988 374318 para apuntarte ás actividades do día 20 ou para reservar o albergue de “As Corcerizas para dormir (prazas limitadas).