CampañaPrazaAbastosOs cálculos existentes falan de que pola man de cada galego pasan unhas 234 bolsas dun só uso ao ano. Isto trae como resultado que en Galicia se xeran, neste período, máis de 600 millóns de bolsas. Para fabricar eses 600 millóns de bolsas son precisos 11500l de petróleo, 132 millóns de litros de auga e a conseguinte enerxía.Cunha vida útil de 20 minutos, do comercio á casa e ao lixo, simbolizan a incultura do usar e tirar.

Amigos da Terra e a Concellería de Limpeza de Ourense, puxeron en marcha esta campaña hai 6 meses, co claro obxectivo de Reducir este conflictivo residuo e de educar, creando unha conciencia medioambiental na cidadanía, para que este cambio fora duradeiro.

Participaron nela preto de 200 establecementos da Praza, contando coa colaboración dos seus comerciantes e foi acollida exitosamente por máis de 1500 clientes habituais, que decidiron sumarse á iniciativa.

O que pretendemos con esta campaña, foi plantexala como un premio ao esforzo de comerciantes e clientes para mellorar unha problemática e como reclamo á cidadanía para fortalecer o pequeno comercio ourensán, próximo e de calidade.

Ao longo destes 6 meses de campaña, con accións presenciais semanais na rúa de sensibilización e formación ambiental por parte de Amigos da Terra, foron repartidas máis de 2000 bolsas reutilizables; cada unha destas bolsas significou que unha persoa deixaba de usar 5 bolsas de plástico, é dicir, estamos a falar dun aforro de 10,000 bolsas de plástico na Praza de Abastos de Ourense en tan só 6 meses.

Así mesmo, mensualmente e como premio á participación da clientela da praza, sorteáronse carros da compra entre todos os participantes dese mes, repartindo un total de 150.

 Tendo en conta o marco lexislativo galego no eido dos residuos, que establece o obxectivo de reducir para 2020 o 10% dos residuos xerados na Comunidade Autónoma, podemos falar dun éxito absoluto da campaña, acadando ampliamente este obxectivo en tan só 5 meses; e demostramos así, que con vontade política, educación e concienciación ambiental , é posible acadar a tan preciada sustentabilidade ambiental.