Dende Amigos da Terra queremos compartir unha campaña de Intermón sobre o café de Comercio Xusto.
A través deste vídeo, se pretende achegar á poboación os beneficios deste tipo de comercio, social e ambientalmente sustentable, que pon en valor o traballo das comunidades agricultoras dos países empobrecidos, e que nos brinda unha oportunidade para reflexionar acerca do noso modelo de consumo.
É preciso tomar conciencia do poder transformador das nosas decisións de consumo. Exerzamos un consumo crítico e responsable, que nos permita mudar do actual sistema agroalimentario cara outro modelo e que defenda aos/ás agricultores en lugar dos intereses das grandes compañías. En definitiva, un modelo que protexa o dereito á soberanía alimentaria.