Amigos da Terra, Ecologistas en Acción e Retorna poñen en dúbida os datos de reciclaxe de envases anunciado por Ecoembes (Sistema Colectivo de Responsabilidade Ampliada) que sitúa esta porcentaxe nun 70%, e solicitan unha información veraz sobre a xestión de residuos.
O pasado 19 de Marzo publicáronse dúas noticias relativas á xestión de residuos, unha provinte de Ecoembes (1), na que se celebraba o incremento da reciclaxe de envases ata un 70%, e a outra, provinte da Axencia Europea de Medio Ambiente (2), na que se lamentaba que España se situase á cola da xestión de residuos en Europa. Aínda que sí se recoñece no informe o modelo de xestión de Cataluña, que por unha banda apostou polas taxas sobre vertido e por outra está impulsando medidas de prevención e reciclaxe.
Ante esta disparidade de datos, xurden dúbidas sobre o cálculo establecido para acadar esa cifra de reciclaxe de residuos de envases por varias razóns:
– A Comisión Europea afirma que España únicamente recicla o 15% dos seus residuos urbanos, cifra que debería ser máis elevada si reciclásense efectivamente o 70% dos envases (malia que non hai caracterizacions oficiais recentes, os envases supoñen un 30-35% do total dos residuos urbanos).
– Comunidades Autónomas que están á cabeza na xestión de residuos do noso país, tal e como manifestou a Axencia Europea de Medio Ambiente, declararon un 22% de reciclaje de envases en 2010, como é o caso de Cataluña.
– A cantidade de residuos reciclados pode ser en moitos casos residuos clasificados, pero non reciclados (terminan en vertederos ou incineradoras), como denunciaron recentemente os recicladores de PET (3), ou provincias como Guipuzkoa (4).
Esta non é a primeira vez que as organizacións ecoloxistas poñen en dúbida as cifras presentadas polos envasadores. Xa en 2011 presentouse unha denuncia ante a Comisión Europea, que provocou a apertura dunha investigación relativa á reciclaxe do vidro por parte da UE (5).
Amigos da Terra, Ecologistas en Acción e Retorna solicitan unha solución ante esta disparidade de datos, así como unha correcta xestión dos residuos, na que se implanten sistemas de mellora para reducir, reutilizar e reciclar os residuos, para así deixar de estar á cola dos países europeos.
A preocupación destas entidades vai máis aló das cifras, xa que unha xestión irregular dos residuos, supón un reparto inxusto dos custos, e un desperdicio de recursos naturais. A responsabilidade ampliada do productor esixe ás envasadoras e distribuidoras a asumir o 100% do custo da xestión dos envases que poñen no mercado. Coas súas cifras asumen que se fan cargo do 70%, pero tal como se explicou, estas cifras poden ser moi inferiores, sendo as entidades locais, e en consecuencia a cidadanía as que se fan cargo finalmente do sobrecusto.
Desde o punto de vista medioambiental, separadamente dos impactos asociados ao vertido e incineración de residuos, a falta de aproveitamento dos residuos como recursos crea serios problemas nas zonas onde se extraen estes recursos naturais. No caso da extracción de aluminio, por exemplo, que se dá en países como India, Jamaica ou Brasil, provoca contaminación da auga, destrución do solo e desprazamento das comunidades locais (6).
Notas:
- http://www.efeverde.com/contenidos/noticias/espana-pasa-del-5-al-70-de-reciclado-de-envases-en-catorce-anos
- http://www.eldiario.es/politica/Espana-UE-reciclaje-residuos-urbanos_0_112689042.html
- http://www.lavanguardia.com/medio-ambiente/20130120/54361029272/andoni-uriarte-plastico-contenedor-amarillo-no-sirve.html
- http://www.noticiasdegipuzkoa.com/2012/04/18/sociedad/euskadi/gipuzkoa-solo-recicla-el-60-de-los-plasticos-y-envases-que-se-recogen-selectivamente
- http://www.tierra.org/spip/spip.php?article1372 http://www.tierra.org/spip/spip.php?article1372
- http://www.tierra.org/spip/IMG/pdf/menos_es_mas.pdf