Formacion Compostaxe ArzuaAmigos da Terra e o Concello de Arzúa poñen en marcha por sexta vez nesta localidade o seu programa de compostaxe doméstica, que terá 9 meses de duración e contará coa participación de 20 familias do Municipio

A preocupación do Concello de Arzúa polo crecente aumento de toneladas de residuos orgánicos nos vertedoiros e incineradoras, levou á concellaría de Medio Ambiente do mesmo no ano 2007, a plantexar esta iniciativa de compostaxe, ou proceso de descomposición da materia orgánica, de xeito controlado.

Hoxe ponse en marcha a sexta edición deste programa e con estas son xa máis de 200 familias, centros de ensino e asociacións locais, as que reducen os seus residuos a través da compostaxe.

Amigos da Terra leva traballando dende o inicio do proceso con este municipio e celebra a implicación e empeño do mesmo na loita por reducir os residuos domésticos en orixe, apostando así por alternativas viables e sostibles ambientalmente, que nestes anos deron o seu froito reducindo a cantidade de residuos xerada no Municipio.

 O proxecto, que durará 9 meses, arrancou onte 7 de Marzo cunha formación inicial, para capacitar ás 20 familias a iniciar o proceso. Ademáis destas 20 familias, a formación estivo aberta a outros veciños interesados, que aida que non formarán parte directamente do proceso, pudieron coñecelo e levar un manual de compostaxe para fabricar o seu composteiro artesanalmente.

 Nos vindeiros meses, os técnicos de Amigos da Terra visitarán cada unha das familias participantes, co fin de facer un seguemento técnico persoalizado do proceso, ó longo destes nove meses.

Coa compostaxe estaremos reducindo nun 50% a cantidade de residuos enviadas ó contedor xenérico, producindo un importante aforro municipal, evitando a incineración de residuos, ademáis de obter un producto de calidade para os solos galegos”, declara María Durán, Responsable da área de residuos de Amigos da Terra

O único requisito para formar parte deste programa é, ser veciño/a de Arzúa, ter un pequeno xardín ou horta e estar disposto e motivado a formar parte deste proxecto educativo e formativo.