Amigos da Terra achega un novo informe sobre o sistema alimentario, elaborado pola Revista Soberanía Alimentaria Biodiversidad y Culturas (na que participa Amigos de la Tierra) en colaboración con Mundubat e GRAIN. “Asfixia no supermercado. Unha nova Clasificación Alimentaria: alimentos que afogan o planeta, alimentos que nutren o planeta” explica os impactos que o actual modelo de agricultura industrial ten no cambio climático e que derivan, principalmente, das seguintes características:
–Deforestación. Na busca de novas terras de cultivo, a agricultura industrializada é a responsable de, a lo menos, o 70% da deforestación do planeta e de entre 15 e un 18% do total de emisións, debido ao proceso de preparación das terras deforestadas para o se uso agrícola. Esta busca de novas terras, xeralmente localizadas nos países empobrecidos, ten outras consecuencias, como o acaparamento de terras, que xeneran vulnerabilidade alimentaria e empobrecemento das comunidades locais.
–Grande consumo enerxético (principalmente de enerxía derivada do petóleo). Maquinaria, transporte ou rego son algúns dos procesos que máis enerxía consumen, xunto cos fertilizantes inorgánicos, a maior parte deles derivados do petróleo ou o gas.
–Enormes distancias percorridas polos alimentos. O modelo de agricultura industrializa moi dependente do exterior, supón segundo os datos de Amigos de la Tierra (extraídos do informe Alimentos Kilométricos ) que no noso país consumamos alimentos que percorreron, de media, máis de cinco mil kilómetros. E non son só productos tropicais, que non se poden cultivar aquí e que teñen que facer esta viaxe, senon sobre todo de cereais, carne, leite, pescado ou piensos para animais, importados de todas partes do planeta. En 2007, por exemplo, este transporte de alimentos provocou case 5 millóns de toneladas de emisións.
–Dilapidación de alimentos. Ao longo de todas as fases da cadea, se desbotan grandes cantidades de alimentos. Trala coleita se tiran os alimentos que teñen taras ou que non cumplen os estándares estéticos impostos pola industria alimentaria e os distibuidores. A eles, hai que engadir os que se estropean durante o longo proceso de transporte, os que os supermercados tiran aínda que estean comestibles por non consideralos “aptos” para a venta, e os que desbotamos nas nosas casas, probablemente porque mercamos en exceso. Todo isto provoca, ademáis de entre un 10 e un 15% da enerxía total empregada na produción de alimentos, segundo os datos de GRAIN; unha realidade inadmisible e unha proba de que a fame que afecta a maior parte do planeta, non é provocada por falta de alimentos, senon por un sistema alimentario que impide ou dificulta a redistribución, e que induce nos países enriquecidos a un consumo irresponsable e excesivo de recursos que, ademais, proveñen en gran medida dos países do empobrecidos.
Considerando estes datos, o informe conclúe que o sistema alimentario global é responsable da xeración de entre o 44 e o 57% das emisións de gases con efecto invernadoiro producidas polo ser humano e da contaminación e esgotamento dos recursos naturais. A estas implicacións ambientais se engaden os impactos no eido humano, que conforman en conxunto un modelo alimentario ambiental e socialmente inxusto. A alternativa ao mesmo pasa polo cambio cara un modelo de produción e consumo de alimentos locais, frescos, ecolóxicos e de tempada.