golfo_fonseca07Amigos da Terra conta cunha nova ferramenta de comunicación, un blog onde vos achegaremos os proxectos que, dende a área de cooperación, estamos a desenvolver na rexión do Golfo trinacional de Fonseca, compartido polos países de El Salvador, Honduras e Nicaragua.

Dende fai anos, Amigos da Terra leva a cabo nestes países proxectos de cooperación baseados na recuperación e conservación ambiental e na xestión sostible e participativa dos recursos naturais, xa que son parte fundamental das actividades produtivas das comunidades locais, que contan con economías familiares baseadas en actividades agrícolas e pesqueiras.

Na actualidade contamos con dous proxectos en marcha. Un deles localízase en Bahía de la Unión, El Salvador, onde desenvolvemos labores de capacitación, equipamento e fortalecemento das cooperativas pesqueiras e marisqueiras artesanais; xunto coa conservación ambiental do entorno no que faenan.

O segundo, recén comezado, sitúase no Golfo de Fonseca nicaragüense, onde se mellorará a xestión ambiental de dúas Áreas Protexidas, mediante o fortalecemento dos órganos responsable da mesma, Comités de Manexo Colaborativos, compostos por representantes dos gobernos locais, homes e mulleres líderes da comunidades, así como outros actores locais relevantes .

Neste espazo achegaremos de xeito frecuente información sobre o desenvolvemento das actividades, fotos, vídeos, entrevistas e calquera outro tipo de material sobre a execución dos proxectos. O obxectivo principal é dar a coñecer a nosa labor e o impacto que a cooperación ten nestas poboacións.

Podes acceder ao blog a través do banner que atoparás na páxina web, ou poñendo a dirección URL no buscador. Ademáis, cada vez que o actualicemos enlazaremos a publicación aos nosos perfís nas redes sociais. Agardamos que sexa do voso interese