
Amigos da Terra levou a cabo onte un obradoiro sobre compostaxe para alumnos/as de 1º da ESO do CPR Monterrey de Vigo. Depois de reflexionar acerca da problemática e o ciclo dos residuos e a contaminación derivada do seu procesamento, rapaces e rapazas construiron colectivamente dous composteiros artesanais.
Esta actividade ademais de permitirlles achegarse ao proceso de compostaxe como alternativa para a reciclaxe de residuos orgánicos, servirá en adiante para xerar compost orgánico e aboar a horta que eles/as mesmos/as traballan e coidan no centro.
O obradoiro enmárcase dentro das actividades do proxecto Impórtanos, campaña do Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade, órgano do Concello de Vigo, na que Amigos da Terra está a participar activamente.