plantacion_nadal_2012_II

O pasado día 04 de xaneiro, Amigos da Terra celebrou as festas de nadal en conxunto con Entreculturas e Educación Sen Fronteiras, entidades compañeiras coas que comparte local en Vigo, mediante un acto de plantación como símbolo de continuidade da vida. O lugar escollido foi o Castro de Vigo e as árbores, tres exemplares de loureiro (un por cada organización).

Ao acto asistiron voluntarios/as das organizacións cos/coas que máis tarde compartimos un viño cortesía do grupo de Amigos de la Tierra La Rioja. Se queredes ver como foi todo o proceso, consultade a nosa galería fotográfica.

Grazas a tod@s pola vosa asistencia e participación e agardamos que este novo ano que comeza supoña novas colaboracións, propostas e actividades.