mesa_agroecoloxia_soberania_alimentaria_vigo

Amigos da Terra convídavos a participar na Mesa de Experiencias que ten como obxectivo achegar á poboación as principais problemáticas que, a nivel global se dan no eido da alimentación, así como as alternativas que ofrece a agricultura ecolóxica e local, tanto no Norte coma no Sur.

A través do noso traballo de cooperación ao desenvolvemento presentaremos as consecuencias que o actual modelo de produción ten no Sur e as solucións que poden artellarse a partires doutro modelo de agricultura local e ecolóxica.

Pola súa banda, a agricultora Belén Fervenza nos achegará a situación dos/as labregos/as en Galicia e a alternativa de consumo que temos ao noso alcance mediante a compra directa de produtos ecolóxicos e de tempada aos produtores/as da nosa contorna máis próxima.

Por último, Eva Gil, en representación da Cooperativa Árbore, presentaranos este proxecto cooperativo de consumo consciente, baseado en productos ecolóxicos, locais e/ou de comercio xusto que ten como elemento central aos/ás propios/as socios/as da cooperativa, consumidores/as e dinamizadores/as de Árbore, e que conta tamén con tenda para a comercialización a non socio/as.

Ao final da mesa disfrutaremos dunha degustación de produtos procedentes do cultivo e a cooperativa das nosas colaboradoras.

Contidos:

“Soberanía e seguridade alimentarias no Sur. O modelo agroalimentario como causa de empobrecemento.” Intervén: Laura Casal (Amigos da Terra)

“A agricultura ecolóxica no Norte, unha alternativa sustentable de produción e consumo”. Interveñen: Belén Fervenza (produtora local), Eva Gil (Cooperativa Árbore)

Data e hora: 28 de novembro. 19:30-21:30

Lugar: Centro Cívico Casco Vello (Rúa Oliva, 12), Vigo

Prezo: de balde

Debido ao aforo limitado, prégase confirmación de asistencia.

Más información:

cooperacion@amigasdaterra.net

986 229 089 

 Coa colaboración de :

Logo_xunta  Logo_cooperacion_galega