
A exposición fotográfica “O Golfo de Fonseca: a loita por un futuro sostible” que Amigos da Terra elaborou en conxunto con Agareso poderá disfrutarse ata o 31 de decembro no Aeroporto de Vigo, nun espazo habilitado na nova terminal.
A mobilización da exposición fíxose no marco da campaña Impórtanos, proxecto de sensibilización e educación para o desenvolvemento do Consello Municipal de Cooperación de Vigo, un órgano sectorial integrado por representantes polítcos, ONGDs, e outros axentes de cooperación, como os sindicatos e a Universidad de Vigo; no que Amigos da Terra se integrou este año.
A exposición amosa o traballo que Amigos da Terra desenvolve dende fai anos na rexión do Golfo de Fonseca, que comprende os países de El Salvador, Nicaragua e Honduras; no eido da pesca artesanal e a conservación e xestión responsable do recursos naturais.
Agardamos que a exposición, ademais de dar a coñecer as problemáticas identificadas e o valor da cooperación, contribúa a amenizar á espera dos/as viaxeiros/as.
Foto: Miguel Rodríguez