As verteduras prodúcense en espazos naturais protexidos.
A asociación ecoloxista acaba de presentar ante a delegación Provincial da Consellería de Medio ambiente, o SEPRONA e a Policía Autonómica senllas denuncias por vertedoiros incontrolados na parroquia de Casa da Veiga, no Concello de Vilar de Santos.
Trátase dun grupo de vertedoiros que discorren ao longo de cen metros en paralelo a unha das pistas próximas ao canal do río Limia.
Os materiais vertidos son de diversa tipoloxía, encontrando electrodomésticos, aparatos eléctricos, entullos e mobles, materiais de construción, residuos urbanos, etc.

Dáse a agravante engadida de que os devanditos vertedoiros se atopan próximos a cursos de auga e en pleno espazo natural declarado zona de especial protección para as aves (ZEPA).
Ademais da contaminación de todo tipo que xeran, que afectan tamén ás augas superficiais e subterráneas, estes vertedoiros constitúen un potencial foco de incendios.
Amigos da Terra solicita ás autoridades competentes que se identifique e sancione ós responsables das verteduras e que os devanditos vertedoiros sexan retirados, devolvendo ao seu estado orixinal a zona contaminada.

“Primeiro foi o desecado da Lagoa de Antela, despois a concentración parceira logo as areeiras e agora os vertedoiros… A Limia parece condenada a ser un campo de experimentos permanente para a destrución ambiental”, declaran dende Amigos da Terra