Seguindo coa liña de traballo en soberanía alimentaria e desenvolvemento, este mes queremos achegarvos un informe de Friends of the Earth Europe que denuncia dúas problemáticas que aumentaron exponencialmente o seu impacto nos últimos anos: o acaparemento de terras o e o cultivo de agrocombustibles nos países empobrecidos, moitas veces íntimamente vinculadas.
A continuación incluimos parte do resumo do documento, que ofrece unha análise breve e contundente das prácticas que as industrias agroalimentaria e enerxética están a levar a cabo nalgunhas das rexións máis empobrecidas do mundo, especialmente África, poñendo en risco a alimentación da poboación destes países.
O acaparamento de terras (mediante o cal as terras utilizadas tradicionalmente polas comunidades se arriendan ou se venden a inversores estranxeiros; empresas e gobernos) é cada vez máis común en toda África. Gran parte destes acaparamentos acórdanse co fin de producir cultivos alimentarios, pero o interese nos crecentes cultivos de agrocombustibles está aumentando, especialmente para abastecer o mercado da UE. Estes acaparamentos estiveron sucedendo coa subida de prezos dos alimentos como telón de fondo, eventualidade que no 2008 causou a crise alimentaria. En varios países en vías de desenvolvemento esta crise carrexou disturbios e, en Haití e Madagascar, supuxo o derrocamento dos gobernos. Os cultivos para agrocombustibles foron un dos principais motivos da subida dos prezos dos alimentos.
A gravidade do problema
Algúns estudos suxiren que un terzo das terras que se venden ou se adquiren en África úsase para cultivos de agrocombustibles; ao redor de 5 millóns de hectáreas. Amigos da Terra analizou casos de acaparamento en once países africanos, desde Etiopía ata Mozambique. Unha porcentaxe destas terras véndese abiertamente a empresas privadas, empresas estatais ou fundaciones inversoras, pero a maioría se arrienda e outra parte obtense contratando os servizos dos pequenos campesiños para que cultiven determinadas colleitas, o que se coñece como «sistemas de subcontratación.» Algunhas empresas europeas, xeralmente pequenas, están implicadas, nalgúns casos co respaldo ou participación dos gobernos dos seus países. Moitas teñen un gran interese en encomiar os beneficios sociais e medioambientales dos seus negocios, alegando a creación de emprego e prometendo o desenvolvemento das áreas rurales.
Protestas locais
En Tanzania, Madagascar e Ghana, houbo protestas polos acaparamientos que levaron a cabo algunhas empresas estranxeiras. Acusaron a estas empresas de ofrecer información confusa aos pequenos campesiños, de obter terras de dominio público a través de propietarios fraudulentos e de eludir leis de protección medioambiental.
Os agrocombustibles compiten cos cultivos alimentarios polo solo agrícola e as empresas que propician a expansión dos agrocombustibles compiten cos pequenos campesiños para conseguir o acceso a esas terras. Este parece ser o caso tanto da jatrofa como doutros cultivos, malia que aseguran que o solo no que se cultiva non é agrícola. Ao perder o acceso á terra tradicional, as comunidades locais enfróntanse ao aumento da inseguridade alimentaria e do fame; o dereito humano á alimentación está ameazado.
Danos ecolóxicos
A presión exercida sobre o solo agrícola levou á deforestación de superficies para convertelas en plantacións de agrocombustibles, destruíndo así valiosos recursos naturais e incrementando as emisións de gases de efecto invernadero. En Etiopía, se deforestaron unhas terras que pertencían a un santuario de elefantes para substituílo por cultivos para agrocombustibles.
A ameaza dos transxénicos
Ademais, xa existe a preocupación pola posibilidade de que as empresas do sector biotecnolóxico, interesadas en atopar novos mercados para os seus produtos, utilicen os agrocombustibles como unha vía de entrada no mercado africano. As investigacións diríxense cara ás variedades modificadas xenéticamente (MG) que poidan ser axeitadas para os agrocombustibles.
A explotación dos recursos
Cada vez hai máis presión, tanto europea como internacional, para que os agrocombustibles sexan combustible para o transporte, o que xera unha demanda de mercado de agrocombustibles. Pode que os políticos africanos prometan que os agrocombustibles supoñen un fornezo de enerxía de recursos locais, pero a realidade é que a maioría das empresas estranxeiras propician os agrocombustibles para vendelos no mercado internacional. O obxectivo obligatorio da UE para incrementar os agrocombustibles conduce claramente ao acaparamiento de terras en África.