Cada ano, mozos e mozas integrantes de Amigos da Terra Europa organizan un encontro de verán para reunir xóvenes activistas procedentes dos diferentes grupos de Friends of the Earth Europe.
Este ano, con grande satisfacción para todos/as nós, anunciamos que o Encontro terá lugar en As Corcerizas do 14 ao 19 de Agosto.
O Summer Camp de Young Friends of the Earth Europe (YfoEE) é unha oportunidade que hai unha vez ao ano para os activistas de toda a rede europea de Amigos da Terra, onde se che ofrece a oportunidade de coñecer outros mozos/as; afondando sobre os temas e as campañas nas que traballamos, aprendendo e desenvolvendo novas habilidades, e participando nas nosas accións e proxectos.

Young Friends of the Earth Europe
Este ano teremos a oportunidade de celebrar, nun inmellorable entorno de coherencia como é o de As Corcerizas, o 5º aniversario de Young Friends of the Earth Europe.
Contaremos cun programa de acción cheo de obradoiros sobre temas de xustiza climática, soberanía alimentaria e, as tan importantes, habilidades para a facilitación de reunións de grupo para a planificación de campañas e accións efectivas